A Federación Galega de Xoves Empresarios- AJE GALICIA, dende a súa fundación, ten como obxectivo o fomento das vocacións empresariais, a difusión da cultura emprendedora, e a consolidación do tecido empresarial na comunidade galega; neste compromiso coa promoción do emprendemento, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PEME organiza a oitava edición do Premio Joven Empresario/a de Galicia, co obxectivo de recoñecer e premiar o labor dos xoves empresarios galegos, que non se renden e que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza na nosa terra, daqueles que deixaron ao lado temores e dificultades para crear unha empresa que fortalece a nosa economía e que lidera co seu traballo a recuperación económica da comunidade galega.
AJE GALICIA pretende, co Premio Joven Empresario/a de Galicia, recompensar e visibilizar ese espírito de loita que move a estes novos empresarios a superar todos os obstáculos e a utilizar a súa imaxinación, os seus recursos e a súa enerxía en crear unha empresa da que toda a sociedade se beneficie. Este premio quere servir, ademais, para reclamar en voz alta o apoio de todos, ao colectivo de emprendedores e novos empresarios como protagonistas do presente e do futuro de Galicia.
Baixo esta premisa, quixemos celebrar esta VIII edición do Premio Joven Empresario/a de Galicia na localidad de Sanxenxo o día 4 de abril, continuando así unha rotación que comezou fai tres anos en Ferrol, continuou en Lugo, Ourense e Vigo.