Benvida do Presidente

Un ano máis a Federación Galega de Xoves Empresarios – AJE Galicia no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PYME organiza este galardón.

É un pracer para a comunidade realizar este ano o premio en Sanxenxo cuns anfitrións excepcionais como son os compañeiros de AJE Pontevedra, asociación de referencia na súa comarca e que cada día medra tendo as empresas máis punteras como socias.

AJE Galicia é a máxima representación dos xóvenes empresarios galegos: Na actualidade esta Federación agrupa ás empresas asociadas lideradas por empresarios menores de 41 anos e integradas nas asociacións de AJE Coruña, AJE Ferrolterra, AJE Lugo, AJE Ourense, AJE Pontevedra e AJE Vigo.

Quero rematar agradecendo o traballo das persoas que cada día apostan polo emprendemento como xeito de vida , e a todas as institucións e entidades publicas e privadas que contribúen a que teñamos un mellor presente e futuro.

Vémonos en Sanxenxo o 4 de abril.

 

Un saúdo

Jose Antonio Redondo Sampedro