Sede

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico adicado ao mar que se atopa situado na Punta do Muíño, no barrio de Alcabre (Vigo).Museo Mar Vigo

331
Proxectado polos arquitectos César Portela e Aldo Rossi, e levantado sobre a estrutura da antiga fábrica de conservas de Alcabre, este edificio foi inaugurado en xuño de 2002 e consta de tres edificios.

O edificio principal contén a recepción, a tenda de venda de produtos e unha sala de exposicións temporais, onde se atopa neste momento o Pergamiño Vindel, un manuscrito de incalculable valor que recolle as cantigas medievais coas súas correspondentes melodías compostas por Martin Códax. Neste edificio tamén se atopan algunhas salas de exposición permanente, como a sala de investigación oceanográfica, onde se atopa un esqueleto de cachalote que se atopou varado na Praia de Montalvo (Sanxenxo) no ano 2003. 280

A través dunha pasarela acristalada que permite ver o castro de Alcabre e a Ría de Vigo, accédese ao edificio anexo, no cal podemos atopar unha planta adicada ás embarcacións tradicionais, á pesca e ás industrias conserveiras e baleeiras. Tamén hai unha sala de arqueoloxía subactuática onde se atopan as pezas máis valiosas que expón o Museo.109

Por último, no terceiro edificio atópanse os acuarios onde se pode contemplar a faura mariña que habita na Ría de Vigo (rodaballos, raias, douradas, langostas de mar…). 268

O Museo do Mar conta cunha extensa oferta cultural baseada en actividades dirixidas a escolas e familias. Desde talleres didácticos ata visitas, este centro abarca numerosas temáticas que achegan a cultura mariñeira a tódolos visitantes.