Xurado

O xurado estará formado polos membros da Comisión Executiva de Federación de Xoves Empresarios de Galicia – AJE Galicia e as entidades patrocinadoras e colaboradoras, sen prexuízo de integrar no mesmo a aquelas personalidades que, pola súa relevancia política ou empresarial, fora de interese a súa participación.

No caso de existir un número elevado de candidaturas o comité executivo de AJE Galicia reservarase o dereito a realizar unha preselección dos proxectos elevando ao xurado as empresas finalistas. Os gañadores/as dos Premios convocados polas Asociacións de Xoves Empresarios integradas nas Federación Galega de Xoves Empresarios de Galicia terán, automaticamente, dereito a formar parte dos finalistas.